Esta fin de semana de ponte, o Contador estará instalado en Vigo (rúa Príncipe, sábado 3 de 16 a 20 horas) e en Redondela (praza da Constitución, domingo 4 de 16 a 20 horas). Esta actividade, impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística na que participa Eme2, consiste nun cubo de tres metros de lado que se vai instalar en lugares públicos de trinta localidades de Galicia. Neste espazo elaborase un conto construído colectivamente, co obxectivo de promover o uso da lingua galega nos lugares públicos, fomentar a creatividade e a espontaneidade en lingua galega, coas súas variantes dialectais, ademais de aproveitar a riqueza oral do idioma e o talento das galegas e dos galegos como contadores de historias. A experiencia narrativa que se produza no Contador en cada unha das vilas complétase posteriormente coa visión das pezas rematadas en www.galegoelogo.com.
Espectáculos de Eme2 para os próximos días
Xoves 1.
Bolboreta, de Títeres Trompicallo. Auditorio Municipal da Biblioteca Almeida Garrett, Porto. 16.30h.
Sábado 3.
De fábula, de Artello. Teatro alla scala, 1:5. CSC Fundació la Caixa, Lleida. 17.30h.
Bolboreta, de Títeres Trompicallo. Auditorio Municipal, Vigo. 18.00h.
títeres trompicallo
bolboreta
Un Rei sae de caza coa escopeta ao ombro, perseguindo un coello. Sen darse de conta, afástase demasiado e achégase a unha zona perigosa: algo terrible espérao nas sombras. Lentamente, unha enorme man peluda achégaselle por detrás, e o Rei vese atrapado entre as gadoupas dun monstro que o quere comer. Despoxado da coroa e da súa escopeta, o terror apodérase del, e o Rei fai un pacto: ofrécelle ao monstro algo máis tenro, máis apetecible, máis tentador... un neno.
jueves 1 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada